martes, 8 de mayo de 2018

O MAIO



Festa dos Maios-Pontevedra 2018


Ahí ven o maio
de frores cuberto....
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non mo quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,(1)
nin foros, nin cregos.


MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
Aires da Miña Terra

1880



(1) Dereito de portas ou portádegoo. Tributo por pasar por determinados camiños públicos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario